Cafe badia

Facebook Cafe badia

Dirección: Rúa de Sanjurjo Badía, 240
Vigo

Google Maps

Cervexas Artesás

Sabela

Cervexa tostada, Ale (de alta fermentación) suave e equilibrada con un lixeiro toque de amargor.

Elaborada a partir da receta Red Ale, está feita con maltas caramelo que aportan un sabor a tofe e unha cor vermella oscura. Presenta unha espuma de cor crema e un aroma a caramelo inconfundible.

SABELA recolle a personalidade da súa autora, Isabel, sevillana de nacemento e galega de corazón. O deseño da etiqueta feito David Lages recolle esa esencia, unha cervexa auténtica e un carácter único.

Ingredientes: Auga de Chan de Gándara, Malta Pils,Malta Cara 20, Caramelo Munich, Malta Cara Red, Copos de Avena. Lúpulos: Halletau Mittelfruh, Styrian Golding. Fermento. Color 28 (EBC); Amargor 14 IBUS, 5% cont. Alc.

Barda

Cor cobre clara, burbulla pequena e carbonatación moderada.
Perfil aromático, padal afroitado e largo final amargo aportado pola carga extra de lúpulos seleccionados.
Doada de beber, equilibra afumados, carnes marinadas, de caza ou año, cogomelos e verduras grelladas.

Amargor 32 IBUS, 5,0% cont. Alc. Pale Ale

Demo Neghro

Negra con reflexos caoba, coroada cunha escuma beige de duración media.
En nariz predominan os aromas a cacao amargo, café e mel.
Intensa, sabor a malte torrado cun punto afumado e licoroso. Destacada presenza de lúpulo que aporta un matiz herbal. Amargor medio - alto, final largo e seco.
Marida con chocolate amargo, froitos secos e sobremesas.

Amargor 75 IBUS, 6,5% cont. Alc. Extra Stout

Con Castaña Asada - Santo Cristo

Cervexa complexa que destaca polo seu aroma e sabor intensos.
E unha cervexa maltosa, onde o lúpulo aporta o amargor necesario e a castaña asada asentase no padal deixando un regusto afumado.
Está elaborada cunha receita orixinal que non encaixa dentro dun estilo clásico.

Amargor 29 IBUS, 7,2% cont. Alc. Con castaña Asada