Bambú

Facebook Bambú

Dirección: Avenida De García Barbón 37 Local 6, Entrada por Rúa Do Roupeiro
Vigo

Google Maps

Cervexas Artesás

Rock In Rio Tea

O festival ROCKIN RÍO TEA, celébrase cada ano en Ponteareas no primeiro fin de semana de Xullo. Unha festa do rock con presencia todo ao longo do ano no concurso de bandas, o rock na rúa e coa emisión semanal do programa de radio Sempre queda o rock, en Sí Radio.

GALICIAN BREW, tamén quixo facer a súa pequena aportación cunha cervexa creada e pensada para disfrutar do rock and roll, da música en directo, dos grandes momentos que nos fan sentir mellor. A música é arte, e o Rock In Río Tea é xa un movemento artístico.

Non podía faltar a súa cervexa, unha amber ale (alta fermentación) con 6% de alcohol e un amargor intenso, persistente e directo. Como o rock and roll.

Ingredientes: Auga de Chan de Gándara, Malta Pils,Malta Viena e Malta Amber. Lúpulos: Aurora e Cascade. Fermento. Color 14 (EBC); Amargor 21 IBUS, 6% cont. Alc.

Curuxa Black Lager

Curuxa Black Lager é unha cervexa negra de baixa fermentación elaborada a partir das recetas alemanas do estilo Bock, unha cervexa con carácter, corpo e alcohólica.

Fácil de beber, ten notas torrefactas e a chocolate. A presenza dos lúpulos é tenue fiel as cervexas de este estilo no que predominan as maltas oscuras. Fermentada e madurada a baixa temperatura para dotala de personalidade propia.

Color 52 (EBC); Amargor 25 IBUS, 6,0% cont. Alc.

Curuxa Bio

É unha cervexa de máxima calidade elaborada con materias primas de orixen ecolóxico certificadas pola CRAEGA como producto ecolóxico, Curuxa Bio é unha cervexa de alta fermentación, clara e cristalina, con sabor a froitas tropicais e citricas, refrescante e moi agradable.

Pale Ale, Amargor 23 IBUS, 5,5% cont. Alc.

Pale Ale - Santo Cristo

Cervexa equilibrada e refrescante.
Destacan as notas florais e cítricas do lúpulo cun final seco que invita a seguir bebendo ata rematala.
De estilo American Pale Ale, con lúpulos Willamette e Simcoe.

Amargor 39 IBUS, 5,5% cont. Alc. Pale Ale

American IPA - Santo Cristo

Santo Cristo American IPA e a nosa nova cervexa, e ven para quedarse!
É unha cervexa extremadamente bebible y marcadamente cítrica predominando o aroma e sabor a pomelo.
Maltas Pilsen e Vienna, lúpulos Chinook, Cascade, Columbus e Hallertau Blanc.

Amargor 70 IBUS, 6,2% cont. Alc. American IPA