Bar Buraco

Facebook Bar Buraco

Dirección: Praza do Mestre Cerviño, 8, 36872
Covelo

Google Maps

Cervexas Artesás

Curuxa

Cervexa loura, lager (baixa fermentación), refrescante e afrutada.

Está elaborada a partir da receta de estilo “Helles” un tipo de cervexa orixinal de Baviera que adoptamos o noso facer. Feita con dous tipos de malta de cebada e malta de trigo, ten unha cor caramelo anubado case anaranxado. Na boca ten notas a cítricos , melón e uva, presenta burbulla fina e unha persistente espuma branca.

A “Curuxa” anida en Chan de Gándara (Lugar onde se encontra a adega) coma se estivera en casa. É habitual escoitala nas noites de inverno, vixiante, asexando o que estamos a facer. Parte animal, parte mito, a “Curuxa” é maxia, e nos acompaña co seu cantar inconfundible.

Ingredientes: Auga de Chan de Gándara, Malta Pils,Malta Cara 20 e Malta de Trigo. Lúpulos: Mosaic e Saphir. Fermento. Color 8,6 (EBC); Amargor 21 IBUS, 4,5% cont. Alc.

Rock In Rio Tea

O festival ROCKIN RÍO TEA, celébrase cada ano en Ponteareas no primeiro fin de semana de Xullo. Unha festa do rock con presencia todo ao longo do ano no concurso de bandas, o rock na rúa e coa emisión semanal do programa de radio Sempre queda o rock, en Sí Radio.

GALICIAN BREW, tamén quixo facer a súa pequena aportación cunha cervexa creada e pensada para disfrutar do rock and roll, da música en directo, dos grandes momentos que nos fan sentir mellor. A música é arte, e o Rock In Río Tea é xa un movemento artístico.

Non podía faltar a súa cervexa, unha amber ale (alta fermentación) con 6% de alcohol e un amargor intenso, persistente e directo. Como o rock and roll.

Ingredientes: Auga de Chan de Gándara, Malta Pils,Malta Viena e Malta Amber. Lúpulos: Aurora e Cascade. Fermento. Color 14 (EBC); Amargor 21 IBUS, 6% cont. Alc.

Curuxa Black Lager

Curuxa Black Lager é unha cervexa negra de baixa fermentación elaborada a partir das recetas alemanas do estilo Bock, unha cervexa con carácter, corpo e alcohólica.

Fácil de beber, ten notas torrefactas e a chocolate. A presenza dos lúpulos é tenue fiel as cervexas de este estilo no que predominan as maltas oscuras. Fermentada e madurada a baixa temperatura para dotala de personalidade propia.

Color 52 (EBC); Amargor 25 IBUS, 6,0% cont. Alc.

Cervexas

Voll Damm

A Dobre Malte é o que lle dá a Voll-Damm a súa inconfundible forza, corpo e sabor.

O feito de engadir o dobre de malte a cervexa, é unha solución atopada no século XIX para a conservación da cervexa. Cando o bo tempo chegaba, a produción de cervexa se detiña debido as altas temperaturas, que non permitían a correcta fermentación do mosto coa levadura. Para contrarrestar os seus efectos no último lote, o de marzo, engadíaselle o dobre de malte para que puidese aguantar todo o verán sen botarse a perder. De aí o nome Märzenbier (Cervexa de Marzo).

Märzenbier, Tostada, 7,2% cont. Alc.