Eira Vella

Dirección: Av. Rosalía Castro, 36860
Ponteareas

Google Maps

Cervexas Artesás

Curuxa

Cervexa loura, lager (baixa fermentación), refrescante e afrutada.

Está elaborada a partir da receta de estilo “Helles” un tipo de cervexa orixinal de Baviera que adoptamos o noso facer. Feita con dous tipos de malta de cebada e malta de trigo, ten unha cor caramelo anubado case anaranxado. Na boca ten notas a cítricos , melón e uva, presenta burbulla fina e unha persistente espuma branca.

A “Curuxa” anida en Chan de Gándara (Lugar onde se encontra a adega) coma se estivera en casa. É habitual escoitala nas noites de inverno, vixiante, asexando o que estamos a facer. Parte animal, parte mito, a “Curuxa” é maxia, e nos acompaña co seu cantar inconfundible.

Ingredientes: Auga de Chan de Gándara, Malta Pils,Malta Cara 20 e Malta de Trigo. Lúpulos: Mosaic e Saphir. Fermento. Color 8,6 (EBC); Amargor 21 IBUS, 4,5% cont. Alc.

Maria Soliña

Cervexa afumada de baixa fermentación, elaborada con nove maltes e inspirada nas receitas tradicionais de Baviera.

Dunha cor castaña intensa, coroa de escuma branca e fina. Os cereais seleccionados para esta receita apórtanlle un marcado perfil maltoso e afumado. De corpo medio e final seco cun punto de fume.

Marida con todo tipo de ingredientes á brasa, carnes ou verduras, especialmente aqueles condimentados ou aliñadps nun medio ácedo, como a mostaza ou vinagre. Patés, queixos e peixes afumados. Resulta excelente acompañante de empanadas doces, de mazás ou ameixas.

Amargor 25 IBUS, 7,0% cont. Alc. Smoked Brown Lager

Santa Compaña

Cervexa elaborada con sete tipos de maltes, tres lúpulos e mel. Madurada con madeira de carballo.
En nariz predominan aromas doces, mel, maltes torrefactos e madeira. A entrada en boca é afroitada, en padal robusta, licorosa, de baixa carbonatación, cun final longo e persistente.
Marida con queixos, froitos do bosque, sobremesas e carnes vermellas.

Amargor 85 IBUS, 9,5% cont. Alc. Barley Wine

Cervexas

Keler 18

Keler está elaborada según a receita orixinal dos seus fundadores Juan e Teodoro Kutz, dous mestres cervexeiros de orixen alemán que se estableceron en San Sebastián en 1890. Dende a fábrica orixinal, situada no barrio donostiarra de El Antiguo, estos dous hermanos crearon unha magnífica cervexa que se converteu en un dos produtos distintivos e emblemáticos do País Vasco.

Cor oro vello, luminoso, con reflexos de roble novo. Brillante e de aspecto vivo. Burbullas sutiles, abundantes, que rematan en escuma branca de larga persistencia. Olor da malta de cebada. Nariz complexa por as notas do lúpulo e a levadura. Elegante e tradicional. Moi sabrosa aunque lixeira, fresca e cun carbónico integrado. Recordos a cereais tostados.

Lager, 6,5% cont. Alc.