Bar Eligio

Dirección: alle del Carmen, 2
Cañiza, A

Google Maps

Cervexas Artesás

Miña Terra Galega

Cervexa rubia de alta fermentación, elaborada a partir da receta das American Pale Ale que recolle a herdanza viaxeira dos galegos, cun pé na casa e outro ao redor do mundo. Feita con dous tipos de malta de cebada, os seús lúpulos aportan sabores cítricos e aromas florais que conducen a unha gran sensación de sabor e amargor propia.

Cando Costas provou a Curuxa, díxonos sen dubidar, “eu tamén quero unha”. O mellor cantante do mundo ben merece unha cervexa do seu nivel. Unha cervexa viaxeira, con personalidade, rocakrolera e artista. Un tributo ao nosos mellor cantante, un tributo a nosa terra, o mellor lugar do mundo.

Ingredientes: Aguga de Chan de Gándara, Malta Pils, Malta Viena. Lúpulos: Summit e Citra. Fermento. Color 9 (EBC); Amargor 27 IBUS, 5,5% cont. Alc.

Barda

Cor cobre clara, burbulla pequena e carbonatación moderada.
Perfil aromático, padal afroitado e largo final amargo aportado pola carga extra de lúpulos seleccionados.
Doada de beber, equilibra afumados, carnes marinadas, de caza ou año, cogomelos e verduras grelladas.

Amargor 32 IBUS, 5,0% cont. Alc. Pale Ale

Maria Soliña

Cervexa afumada de baixa fermentación, elaborada con nove maltes e inspirada nas receitas tradicionais de Baviera.

Dunha cor castaña intensa, coroa de escuma branca e fina. Os cereais seleccionados para esta receita apórtanlle un marcado perfil maltoso e afumado. De corpo medio e final seco cun punto de fume.

Marida con todo tipo de ingredientes á brasa, carnes ou verduras, especialmente aqueles condimentados ou aliñadps nun medio ácedo, como a mostaza ou vinagre. Patés, queixos e peixes afumados. Resulta excelente acompañante de empanadas doces, de mazás ou ameixas.

Amargor 25 IBUS, 7,0% cont. Alc. Smoked Brown Lager