Gastro Bar

Facebook Gastro Bar

Dirección: Marquesa do Pazo, 22 Centro Social de As Neves
As Neves

Google Maps

Cervexas Artesás

Curuxa

Cervexa loura, lager (baixa fermentación), refrescante e afrutada.

Está elaborada a partir da receta de estilo “Helles” un tipo de cervexa orixinal de Baviera que adoptamos o noso facer. Feita con dous tipos de malta de cebada e malta de trigo, ten unha cor caramelo anubado case anaranxado. Na boca ten notas a cítricos , melón e uva, presenta burbulla fina e unha persistente espuma branca.

A “Curuxa” anida en Chan de Gándara (Lugar onde se encontra a adega) coma se estivera en casa. É habitual escoitala nas noites de inverno, vixiante, asexando o que estamos a facer. Parte animal, parte mito, a “Curuxa” é maxia, e nos acompaña co seu cantar inconfundible.

Ingredientes: Auga de Chan de Gándara, Malta Pils,Malta Cara 20 e Malta de Trigo. Lúpulos: Mosaic e Saphir. Fermento. Color 8,6 (EBC); Amargor 21 IBUS, 4,5% cont. Alc.

Rock In Rio Tea

O festival ROCKIN RÍO TEA, celébrase cada ano en Ponteareas no primeiro fin de semana de Xullo. Unha festa do rock con presencia todo ao longo do ano no concurso de bandas, o rock na rúa e coa emisión semanal do programa de radio Sempre queda o rock, en Sí Radio.

GALICIAN BREW, tamén quixo facer a súa pequena aportación cunha cervexa creada e pensada para disfrutar do rock and roll, da música en directo, dos grandes momentos que nos fan sentir mellor. A música é arte, e o Rock In Río Tea é xa un movemento artístico.

Non podía faltar a súa cervexa, unha amber ale (alta fermentación) con 6% de alcohol e un amargor intenso, persistente e directo. Como o rock and roll.

Ingredientes: Auga de Chan de Gándara, Malta Pils,Malta Viena e Malta Amber. Lúpulos: Aurora e Cascade. Fermento. Color 14 (EBC); Amargor 21 IBUS, 6% cont. Alc.

Arriaca Porter

Cervexa negra, oscura e licorosa, con matices torrefactos de café, chocolate e froitos secos.

NOTA DE CATA:

Aspecto: De cor negra, no deixa pasar a luz. A escuma, en tonos canela, é cremosa e persistente.

Aroma: En nariz destacan os aromas torrefactos a café e chocolate amargo.

Sabor: De corpo medio e lixeiramente licorosa, en boca predominan os matices de café e regaliz que dan paso o final amargo do chocolate negro e os froitos secos.

Meridaxe: Unha cervexa para disfrutar soa o acompañando ao postre, especialmente tartas, bizcochos e chocolates. A sobremesa feita cervexa.

Observacións: Arriaca Porter ovtivo medalla de prata no World Beer Idol 2016 en Praga, medalla de prata no Nordic Beer Challenge 2016 en Copenhague e medalla de bronce no Brussels Beer Challenge 2015.

Porter (Negra), 5,9% Cont. Alc., Amargor 25 IBUS

Santa Compaña

Cervexa elaborada con sete tipos de maltes, tres lúpulos e mel. Madurada con madeira de carballo.
En nariz predominan aromas doces, mel, maltes torrefactos e madeira. A entrada en boca é afroitada, en padal robusta, licorosa, de baixa carbonatación, cun final longo e persistente.
Marida con queixos, froitos do bosque, sobremesas e carnes vermellas.

Amargor 85 IBUS, 9,5% cont. Alc. Barley Wine