El Patio de Bouzas

Facebook El Patio de Bouzas

Dirección: Alameda Suárez Llanos, 15
Vigo

Google Maps

Cervexas Artesás

Rock In Rio Tea

O festival ROCKIN RÍO TEA, celébrase cada ano en Ponteareas no primeiro fin de semana de Xullo. Unha festa do rock con presencia todo ao longo do ano no concurso de bandas, o rock na rúa e coa emisión semanal do programa de radio Sempre queda o rock, en Sí Radio.

GALICIAN BREW, tamén quixo facer a súa pequena aportación cunha cervexa creada e pensada para disfrutar do rock and roll, da música en directo, dos grandes momentos que nos fan sentir mellor. A música é arte, e o Rock In Río Tea é xa un movemento artístico.

Non podía faltar a súa cervexa, unha amber ale (alta fermentación) con 6% de alcohol e un amargor intenso, persistente e directo. Como o rock and roll.

Ingredientes: Auga de Chan de Gándara, Malta Pils,Malta Viena e Malta Amber. Lúpulos: Aurora e Cascade. Fermento. Color 14 (EBC); Amargor 21 IBUS, 6% cont. Alc.

Palacio De Inverno - Santo Cristo

Cervexa de tempada, dispoñible habitualmente entre finais de novembro e febreiro
Nela pódense atopar notas a chocolate, regaliz, café e froitos vermellos, cun padal sedoso grazas á avea.
De estilo Russian Imperial Stout, con lúpulos Magnum e E.K. Goldings.

Amargor 75 IBUS, 9,0% cont. Alc. Russian Imperial Stout