La Pradera

Dirección: Carr. de Logroño, 36877
Covelo

Google Maps

Cervexas Artesás

Curuxa

Cervexa loura, lager (baixa fermentación), refrescante e afrutada.

Está elaborada a partir da receta de estilo “Helles” un tipo de cervexa orixinal de Baviera que adoptamos o noso facer. Feita con dous tipos de malta de cebada e malta de trigo, ten unha cor caramelo anubado case anaranxado. Na boca ten notas a cítricos , melón e uva, presenta burbulla fina e unha persistente espuma branca.

A “Curuxa” anida en Chan de Gándara (Lugar onde se encontra a adega) coma se estivera en casa. É habitual escoitala nas noites de inverno, vixiante, asexando o que estamos a facer. Parte animal, parte mito, a “Curuxa” é maxia, e nos acompaña co seu cantar inconfundible.

Ingredientes: Auga de Chan de Gándara, Malta Pils,Malta Cara 20 e Malta de Trigo. Lúpulos: Mosaic e Saphir. Fermento. Color 8,6 (EBC); Amargor 21 IBUS, 4,5% cont. Alc.

Sabela

Cervexa tostada, Ale (de alta fermentación) suave e equilibrada con un lixeiro toque de amargor.

Elaborada a partir da receta Red Ale, está feita con maltas caramelo que aportan un sabor a tofe e unha cor vermella oscura. Presenta unha espuma de cor crema e un aroma a caramelo inconfundible.

SABELA recolle a personalidade da súa autora, Isabel, sevillana de nacemento e galega de corazón. O deseño da etiqueta feito David Lages recolle esa esencia, unha cervexa auténtica e un carácter único.

Ingredientes: Auga de Chan de Gándara, Malta Pils,Malta Cara 20, Caramelo Munich, Malta Cara Red, Copos de Avena. Lúpulos: Halletau Mittelfruh, Styrian Golding. Fermento. Color 28 (EBC); Amargor 14 IBUS, 5% cont. Alc.

Cervexas

Damm Lemon

6 partes de cervexa e 4 partes de limón.

Do inxenio de algún barman do mediterráneo naceu, fai moitos anos, a clara. Unha receita que se converteu nunha tradición e carecterizase por a mezcla de 6 partes de cervexa e 4 de limón.

Anos máis tarde, Damm, decidió elaborar unha clara de máxima calidade respetando a receita tradicional.

Así naceu, Damm Lemon. Unha clara elaborada coa selección dos mellores ingredientes, 6 partes de Estrella Damm e 4 partes de limóns mediterráneos e un lixeiro toque de lima que reforza en boca a sensación refrescante.

Clara de limón, 3,2% cont. Alc.

Free Damm

Elaboramos Free Damm cos mesmos ingredientes que utilizamos para elaborar una cervexa con alcohol. Engadimos levadura e deixamos que a fermentación produza alcohol de maneira natural. Despois, gracias a unha avanzada técnica que denominamos destilación ao vacío, podemos eliminar o porcentaxe de alcohol hasta chegar a 0,0% e manter a cervexa no seu estado puro.

O resultado é unha cervexa 0,0 lixeira, fresca e de equilibrado amargor, moi baixa en calorías.

Lager, 0,0% cont. Alc.

Voll Damm

A Dobre Malte é o que lle dá a Voll-Damm a súa inconfundible forza, corpo e sabor.

O feito de engadir o dobre de malte a cervexa, é unha solución atopada no século XIX para a conservación da cervexa. Cando o bo tempo chegaba, a produción de cervexa se detiña debido as altas temperaturas, que non permitían a correcta fermentación do mosto coa levadura. Para contrarrestar os seus efectos no último lote, o de marzo, engadíaselle o dobre de malte para que puidese aguantar todo o verán sen botarse a perder. De aí o nome Märzenbier (Cervexa de Marzo).

Märzenbier, Tostada, 7,2% cont. Alc.