El rincon de Guijuelo

Facebook El rincon de Guijuelo

Dirección: Rúa de Gerona, 1
Vigo

Google Maps

Cervexas Artesás

Curuxa

Cervexa loura, lager (baixa fermentación), refrescante e afrutada.

Está elaborada a partir da receta de estilo “Helles” un tipo de cervexa orixinal de Baviera que adoptamos o noso facer. Feita con dous tipos de malta de cebada e malta de trigo, ten unha cor caramelo anubado case anaranxado. Na boca ten notas a cítricos , melón e uva, presenta burbulla fina e unha persistente espuma branca.

A “Curuxa” anida en Chan de Gándara (Lugar onde se encontra a adega) coma se estivera en casa. É habitual escoitala nas noites de inverno, vixiante, asexando o que estamos a facer. Parte animal, parte mito, a “Curuxa” é maxia, e nos acompaña co seu cantar inconfundible.

Ingredientes: Auga de Chan de Gándara, Malta Pils,Malta Cara 20 e Malta de Trigo. Lúpulos: Mosaic e Saphir. Fermento. Color 8,6 (EBC); Amargor 21 IBUS, 4,5% cont. Alc.

Sabela

Cervexa tostada, Ale (de alta fermentación) suave e equilibrada con un lixeiro toque de amargor.

Elaborada a partir da receta Red Ale, está feita con maltas caramelo que aportan un sabor a tofe e unha cor vermella oscura. Presenta unha espuma de cor crema e un aroma a caramelo inconfundible.

SABELA recolle a personalidade da súa autora, Isabel, sevillana de nacemento e galega de corazón. O deseño da etiqueta feito David Lages recolle esa esencia, unha cervexa auténtica e un carácter único.

Ingredientes: Auga de Chan de Gándara, Malta Pils,Malta Cara 20, Caramelo Munich, Malta Cara Red, Copos de Avena. Lúpulos: Halletau Mittelfruh, Styrian Golding. Fermento. Color 28 (EBC); Amargor 14 IBUS, 5% cont. Alc.

Miña Terra Galega

Cervexa rubia de alta fermentación, elaborada a partir da receta das American Pale Ale que recolle a herdanza viaxeira dos galegos, cun pé na casa e outro ao redor do mundo. Feita con dous tipos de malta de cebada, os seús lúpulos aportan sabores cítricos e aromas florais que conducen a unha gran sensación de sabor e amargor propia.

Cando Costas provou a Curuxa, díxonos sen dubidar, “eu tamén quero unha”. O mellor cantante do mundo ben merece unha cervexa do seu nivel. Unha cervexa viaxeira, con personalidade, rocakrolera e artista. Un tributo ao nosos mellor cantante, un tributo a nosa terra, o mellor lugar do mundo.

Ingredientes: Aguga de Chan de Gándara, Malta Pils, Malta Viena. Lúpulos: Summit e Citra. Fermento. Color 9 (EBC); Amargor 27 IBUS, 5,5% cont. Alc.

Arriaca IPA

Cervexa de fermentación alta con marcado carácter a lúpulo. A súa complexidade, notable corpo e cremosidade crean unha cervexa especial para ser degustada cos cinco sentidos.

NOTA DE CATA:

Aspecto: En vaso presenta unha cor anaranxado forte tirando a avermellado, cunha coroa de escuma cremosa e de boa retención.

Aroma: En nariz destacan os aromas cítricos, sobre todo a pomelo e mandarina, notas herbáceas, florales e matices afroitados. Todos estos matices deixan paso ao aroma doce das maltas caramelizadas.

Sabor: En boca presenta un amargor medio que se disipa rápidamente dejando paso a cítrico, a pino e a caramelo e galleta propio do gran utilizado. Final balanceado hacia a malta e sen amargor astringente.

Meridaxe: Carnes vermellas, asados, caza, guisos contundentes, queixos fortes, patés...

Observacións: Arriaca IPA obtivo o Premio ABC a mellor IPA española 2016, a medalla de prata no Dublin Craft Beer Cup 2016 e a medalla de bronce no World Beer Idol 2016 en Praga.

Indian Pale Ale, 6,9% Cont. Alc., Amargor 60 IBUS

Arriaca Porter

Cervexa negra, oscura e licorosa, con matices torrefactos de café, chocolate e froitos secos.

NOTA DE CATA:

Aspecto: De cor negra, no deixa pasar a luz. A escuma, en tonos canela, é cremosa e persistente.

Aroma: En nariz destacan os aromas torrefactos a café e chocolate amargo.

Sabor: De corpo medio e lixeiramente licorosa, en boca predominan os matices de café e regaliz que dan paso o final amargo do chocolate negro e os froitos secos.

Meridaxe: Unha cervexa para disfrutar soa o acompañando ao postre, especialmente tartas, bizcochos e chocolates. A sobremesa feita cervexa.

Observacións: Arriaca Porter ovtivo medalla de prata no World Beer Idol 2016 en Praga, medalla de prata no Nordic Beer Challenge 2016 en Copenhague e medalla de bronce no Brussels Beer Challenge 2015.

Porter (Negra), 5,9% Cont. Alc., Amargor 25 IBUS

Suaves- El Última Cancion

Ediciones limitadas de Los Suaves para a súa última xira.

Session IPA, 5,0% cont. Alc.

Suaves- El Último Trago

Ediciones limitadas de Los Suaves para a súa última xira.

Session Black IPA, 5,0% cont. Alc.

Loira

Elaborada con maltes pilsner, centeo, algas galegas e lévedo de baixa fermentación.
Cor dourada brillante cunha suntuosa capa de escuma branca.
Perfil maltoso, de corpo medio e redonda na boca. Sutil amargor de lúpulos nobres e final seco.
Excelente para acompañar sushi, queixos suaves, encurtidos e carnes brancas.

Amargor 27 IBUS, 6,0% cont. Alc. Rye Ale

Santa Compaña

Cervexa elaborada con sete tipos de maltes, tres lúpulos e mel. Madurada con madeira de carballo.
En nariz predominan aromas doces, mel, maltes torrefactos e madeira. A entrada en boca é afroitada, en padal robusta, licorosa, de baixa carbonatación, cun final longo e persistente.
Marida con queixos, froitos do bosque, sobremesas e carnes vermellas.

Amargor 85 IBUS, 9,5% cont. Alc. Barley Wine

Palacio De Inverno - Santo Cristo

Cervexa de tempada, dispoñible habitualmente entre finais de novembro e febreiro
Nela pódense atopar notas a chocolate, regaliz, café e froitos vermellos, cun padal sedoso grazas á avea.
De estilo Russian Imperial Stout, con lúpulos Magnum e E.K. Goldings.

Amargor 75 IBUS, 9,0% cont. Alc. Russian Imperial Stout

Costa Oeste - Santo Cristo

Cervexa de tempada, dispoñible habitualmente entre marzo e outubro.
Cervexa seca, lúpulada y resinosa, con aromas e sabores balsámicos, pináceos e cítricos.
De estilo American West Coast Double IPA, con lúpulos Columbus, Centennial, Warrior y Simcoe.

Apariencia: Cor laranxa moi oscura, aparece cuberta dunha cremosa escuma beige.

Aroma: Moi agradable que recorda a albaricoque e mango, con notas a cítricos que dan sensación de frescor.

Sabor: De amargor intenso nos primeiros tragos, dando paso a notas que recordan a pomelo e lima.

Amargor 150 IBUS, 9,0% cont. Alc.

Samil

Unha Session IPA de aspecto turbio con moita proteina e un aroma intenso e complexo no cal terminan destacando os cítricos e a froita tropical. Ten bo punch para unha cervexa do seu estilo, o seu amargor duradeiro así como as notas cítricas e algo especiadas a converten na compañeira ideal de peixes marinados.

Apariencia: Turbia e de cor dourada pálido, xenera unha capa de escuma amplia e xabonosa.

Aroma: Moi intenso que recorda entre outras cousas a: flores, especias e a confitura de melocotón.

Sabor: En primeiro lugar percibese un amargor intenso que dará paso a notas cítricas e especiadas.

Amargor 60 IBUS, 5,0% cont. Alc. Session IPA