A Casa da Triga

Facebook A Casa da Triga

Dirección: Praza Maior, 17
Ponteareas

Google Maps

Cervexas Artesás

Curuxa

Cervexa loura, lager (baixa fermentación), refrescante e afrutada.

Está elaborada a partir da receta de estilo “Helles” un tipo de cervexa orixinal de Baviera que adoptamos o noso facer. Feita con dous tipos de malta de cebada e malta de trigo, ten unha cor caramelo anubado case anaranxado. Na boca ten notas a cítricos , melón e uva, presenta burbulla fina e unha persistente espuma branca.

A “Curuxa” anida en Chan de Gándara (Lugar onde se encontra a adega) coma se estivera en casa. É habitual escoitala nas noites de inverno, vixiante, asexando o que estamos a facer. Parte animal, parte mito, a “Curuxa” é maxia, e nos acompaña co seu cantar inconfundible.

Ingredientes: Auga de Chan de Gándara, Malta Pils,Malta Cara 20 e Malta de Trigo. Lúpulos: Mosaic e Saphir. Fermento. Color 8,6 (EBC); Amargor 21 IBUS, 4,5% cont. Alc.

Sabela

Cervexa tostada, Ale (de alta fermentación) suave e equilibrada con un lixeiro toque de amargor.

Elaborada a partir da receta Red Ale, está feita con maltas caramelo que aportan un sabor a tofe e unha cor vermella oscura. Presenta unha espuma de cor crema e un aroma a caramelo inconfundible.

SABELA recolle a personalidade da súa autora, Isabel, sevillana de nacemento e galega de corazón. O deseño da etiqueta feito David Lages recolle esa esencia, unha cervexa auténtica e un carácter único.

Ingredientes: Auga de Chan de Gándara, Malta Pils,Malta Cara 20, Caramelo Munich, Malta Cara Red, Copos de Avena. Lúpulos: Halletau Mittelfruh, Styrian Golding. Fermento. Color 28 (EBC); Amargor 14 IBUS, 5% cont. Alc.

Rock In Rio Tea

O festival ROCKIN RÍO TEA, celébrase cada ano en Ponteareas no primeiro fin de semana de Xullo. Unha festa do rock con presencia todo ao longo do ano no concurso de bandas, o rock na rúa e coa emisión semanal do programa de radio Sempre queda o rock, en Sí Radio.

GALICIAN BREW, tamén quixo facer a súa pequena aportación cunha cervexa creada e pensada para disfrutar do rock and roll, da música en directo, dos grandes momentos que nos fan sentir mellor. A música é arte, e o Rock In Río Tea é xa un movemento artístico.

Non podía faltar a súa cervexa, unha amber ale (alta fermentación) con 6% de alcohol e un amargor intenso, persistente e directo. Como o rock and roll.

Ingredientes: Auga de Chan de Gándara, Malta Pils,Malta Viena e Malta Amber. Lúpulos: Aurora e Cascade. Fermento. Color 14 (EBC); Amargor 21 IBUS, 6% cont. Alc.

Miña Terra Galega

Cervexa rubia de alta fermentación, elaborada a partir da receta das American Pale Ale que recolle a herdanza viaxeira dos galegos, cun pé na casa e outro ao redor do mundo. Feita con dous tipos de malta de cebada, os seús lúpulos aportan sabores cítricos e aromas florais que conducen a unha gran sensación de sabor e amargor propia.

Cando Costas provou a Curuxa, díxonos sen dubidar, “eu tamén quero unha”. O mellor cantante do mundo ben merece unha cervexa do seu nivel. Unha cervexa viaxeira, con personalidade, rocakrolera e artista. Un tributo ao nosos mellor cantante, un tributo a nosa terra, o mellor lugar do mundo.

Ingredientes: Aguga de Chan de Gándara, Malta Pils, Malta Viena. Lúpulos: Summit e Citra. Fermento. Color 9 (EBC); Amargor 27 IBUS, 5,5% cont. Alc.

Curuxa Black Lager

Curuxa Black Lager é unha cervexa negra de baixa fermentación elaborada a partir das recetas alemanas do estilo Bock, unha cervexa con carácter, corpo e alcohólica.

Fácil de beber, ten notas torrefactas e a chocolate. A presenza dos lúpulos é tenue fiel as cervexas de este estilo no que predominan as maltas oscuras. Fermentada e madurada a baixa temperatura para dotala de personalidade propia.

Color 52 (EBC); Amargor 25 IBUS, 6,0% cont. Alc.

Arriaca Rubia

Cervexa loira de baixa fermentación, refrescante e lixeira, con acento a lúpulo en nariz e balance malteado en boca.

NOTA DE CATA:

Aspecto: Cor dourada pallizo con escuma branca e lixeira de boa retención.

Aroma: En nariz, os cítricos, en especial a laranxa e o pomelo, se combinan con notas florales e un peculiar aroma a lúpulo.

Sabor: En boca, os finos matices da malta balancease cun lixeiro amargor que da paso a un limpo e duradeiro final.

Meridaxe: Cervexa de aperitivo ou vermú. En mesa, ideal con pescados, ensaladas de veran ou pratos nos que prevalezca a verdura como ingrediente. Asimismo, acompaña a perfección comidas especiadas ou picantes.

Observacións: Arriaca Rubia obteu medalla de ouro no Nordic Beer Challenge 2016 en Copenhague.

Loira Lager, 4,3% Cont. Alc., Amargor 18 IBUS

Arriaca Trigo

Cervexa de trigo de fermentación alta, lixeira, afroitada e moi refrescante. Ideal para saciar a sede.

NOTA DE CATA:

Aspecto: Cor dourada anaranxado, lixeiramente turbia. Escuma branca, espesa e duradeira.

Aroma: En nariz, se aprecian aromas a plátano e a clavo, aspectos característicos da levadura de trigo. Máis tarde notas florales e cítricas, en especial a pomelo.

Sabor: En boca presenta unha carbonatación media e lixeiramente picante. De corpo medio e delicado. Presenta sabor a banana moi ben balanceado co gusto a malta. No amarga. Posteriormente abrense paso matices afroitados. Final lixeiramente seco, moi agradable.

Meridaxe: Como aperitivo o vermú. En mesa, marida a perfección con mariscos e queixos de carácter medio/suave e semicurados.

Observacións: Arriaca Trigo obtivo medalla de Ouro no Barcelona Beer Challenge 2016

Trigo, 4,7% Cont. Alc., Amargor 16 IBUS

Arriaca Centeno

Cervexa especial estilo Rye India Pale Lager elaborada cun alto porcentaxe de malta de centeo e levadura de fondo.

NOTA DE CATA:

Aspecto: Cor dourada pallizo con escuma branca e cremosa de boa retención.

Aroma: En nariz, os toques derivados do centeo, especias e laranxa, se combinan con notas pináceas e un peculiar aroma a lúpulo.

Sabor: En boca, os matices especiados do centeo dan paso a un suave final amargo.

Meridaxe: Cervexa ideal para comidas especiadas, froitos secos, queixos e patés.

Observacións: Arriaca Centeno obtivo medalla de ouro no Barcelona Beer Challenge 2016, o Primer premio da I Feria Internacional Thielmann Madrid 2014, medalla de ouro no Nordic Beer Challenge 2016 en Copenhague e medalla de bronce no World Beer Idol 2016 en Praga.

Rye India Pale Lager, 5,2% Cont. Alc., Amargor 40 IBUS

Arriaca IPA

Cervexa de fermentación alta con marcado carácter a lúpulo. A súa complexidade, notable corpo e cremosidade crean unha cervexa especial para ser degustada cos cinco sentidos.

NOTA DE CATA:

Aspecto: En vaso presenta unha cor anaranxado forte tirando a avermellado, cunha coroa de escuma cremosa e de boa retención.

Aroma: En nariz destacan os aromas cítricos, sobre todo a pomelo e mandarina, notas herbáceas, florales e matices afroitados. Todos estos matices deixan paso ao aroma doce das maltas caramelizadas.

Sabor: En boca presenta un amargor medio que se disipa rápidamente dejando paso a cítrico, a pino e a caramelo e galleta propio do gran utilizado. Final balanceado hacia a malta e sen amargor astringente.

Meridaxe: Carnes vermellas, asados, caza, guisos contundentes, queixos fortes, patés...

Observacións: Arriaca IPA obtivo o Premio ABC a mellor IPA española 2016, a medalla de prata no Dublin Craft Beer Cup 2016 e a medalla de bronce no World Beer Idol 2016 en Praga.

Indian Pale Ale, 6,9% Cont. Alc., Amargor 60 IBUS

Arriaca Porter

Cervexa negra, oscura e licorosa, con matices torrefactos de café, chocolate e froitos secos.

NOTA DE CATA:

Aspecto: De cor negra, no deixa pasar a luz. A escuma, en tonos canela, é cremosa e persistente.

Aroma: En nariz destacan os aromas torrefactos a café e chocolate amargo.

Sabor: De corpo medio e lixeiramente licorosa, en boca predominan os matices de café e regaliz que dan paso o final amargo do chocolate negro e os froitos secos.

Meridaxe: Unha cervexa para disfrutar soa o acompañando ao postre, especialmente tartas, bizcochos e chocolates. A sobremesa feita cervexa.

Observacións: Arriaca Porter ovtivo medalla de prata no World Beer Idol 2016 en Praga, medalla de prata no Nordic Beer Challenge 2016 en Copenhague e medalla de bronce no Brussels Beer Challenge 2015.

Porter (Negra), 5,9% Cont. Alc., Amargor 25 IBUS

Arriaca Matmor

MatMor Elephant´s Choice IPA é unha cervexa estilo India Pale Ale de alta fermentación con marcado carácter a lúpulo. Receita ganadora do IV Concurso Homebrewer organizado por o blog "El Jardín del Lúpulo" e "La Tienda de la Cerveza", elaborada nas instalacións de Cervexas Arriaca.

NOTA DE CATA:

Aspecto: Cor ambar intensa con escuma cremosa de cor clara e moi boa retención.

Aroma: En nariz predomina o aroma a froita tropical e a cítrico e combinado co aroma pináceo dos lúpulos americanos.

Sabor: En boca sorprende a súa lixeireza a pesar do alto nivel alcohólico, o trago é sencillo e o retrogusto e a sensación bocal son totalmente limpos. Predomina o sabor a lúpulo fresco sobre o da malta.

Meridaxe: En boca presenta un amargor medio que deixa paso a froita tropical, a cítrico e a pino.

Observacións: Elaborada según receta orixinal do MatMor nas instalacións de Cervexas Arriaca.

MatMor Elephant´s Choice IPA, 7,1% Cont. Alc., Amargor 80 IBUS

Miño

Belgian IPA, 5,6º e 60 IBU. Indian Pale Ale de marcado carácter belga. Elaborada con maltas, levadura belga e lúpulos nobres da rexión de Hallertau. Cor pálida, aroma floral e herbáceo. En boca é de corpo medio, carbonatación suave, amargor suave e ben integrado.

Amargor 60 IBUS, 5,6% cont. Alc.

Cowboys From Hops

In Peccatum

Imperial IPA estilo americano de 8,1% e máis de 150 IBU (182 en la versión 2016) elaborada cunha combinación de maltes base, caramelo e munich que lle dan o corpo perfeto para compensar o amargor aportado polos Lúpulos Summit, Simcoe e Citra.

Imperial IPA, 8,1% cont. Alc. 182 IBU

Suaves- El Última Cancion

Ediciones limitadas de Los Suaves para a súa última xira.

Session IPA, 5,0% cont. Alc.

Suaves- El Último Trago

Ediciones limitadas de Los Suaves para a súa última xira.

Session Black IPA, 5,0% cont. Alc.

Mosteiro

Dark Strong Ale estilo belga de 7,8o combinación de seis maltas distintas e lúpulos nobres. Unha cervexa con corpo, escura e con aromas e sabores a froitos vermellos, chocolate e toffe.

Amargor 27 IBUS, 7,8% cont. Alc.

Duir

Seductora cor vermella con coroa de escuma branca.
Pleno sabor a maltes doces balanceado inmediatamente despois con lúpulos aromáticos. Final seco e torrado.
Marida con peixe azul, patés, embutidos e queixos afumados.

Amargor 40 IBUS, 5,8% cont. Alc. Extra Especial Bitter

Maria Soliña

Cervexa afumada de baixa fermentación, elaborada con nove maltes e inspirada nas receitas tradicionais de Baviera.

Dunha cor castaña intensa, coroa de escuma branca e fina. Os cereais seleccionados para esta receita apórtanlle un marcado perfil maltoso e afumado. De corpo medio e final seco cun punto de fume.

Marida con todo tipo de ingredientes á brasa, carnes ou verduras, especialmente aqueles condimentados ou aliñadps nun medio ácedo, como a mostaza ou vinagre. Patés, queixos e peixes afumados. Resulta excelente acompañante de empanadas doces, de mazás ou ameixas.

Amargor 25 IBUS, 7,0% cont. Alc. Smoked Brown Lager

Pale Ale - Santo Cristo

Cervexa equilibrada e refrescante.
Destacan as notas florais e cítricas do lúpulo cun final seco que invita a seguir bebendo ata rematala.
De estilo American Pale Ale, con lúpulos Willamette e Simcoe.

Amargor 39 IBUS, 5,5% cont. Alc. Pale Ale

American IPA - Santo Cristo

Santo Cristo American IPA e a nosa nova cervexa, e ven para quedarse!
É unha cervexa extremadamente bebible y marcadamente cítrica predominando o aroma e sabor a pomelo.
Maltas Pilsen e Vienna, lúpulos Chinook, Cascade, Columbus e Hallertau Blanc.

Amargor 70 IBUS, 6,2% cont. Alc. American IPA

Palacio De Inverno - Santo Cristo

Cervexa de tempada, dispoñible habitualmente entre finais de novembro e febreiro
Nela pódense atopar notas a chocolate, regaliz, café e froitos vermellos, cun padal sedoso grazas á avea.
De estilo Russian Imperial Stout, con lúpulos Magnum e E.K. Goldings.

Amargor 75 IBUS, 9,0% cont. Alc. Russian Imperial Stout

Costa Oeste - Santo Cristo

Cervexa de tempada, dispoñible habitualmente entre marzo e outubro.
Cervexa seca, lúpulada y resinosa, con aromas e sabores balsámicos, pináceos e cítricos.
De estilo American West Coast Double IPA, con lúpulos Columbus, Centennial, Warrior y Simcoe.

Apariencia: Cor laranxa moi oscura, aparece cuberta dunha cremosa escuma beige.

Aroma: Moi agradable que recorda a albaricoque e mango, con notas a cítricos que dan sensación de frescor.

Sabor: De amargor intenso nos primeiros tragos, dando paso a notas que recordan a pomelo e lima.

Amargor 150 IBUS, 9,0% cont. Alc.

Cervexas

Daura (Sen gluten)

DAURA É SABOR A CERVEXA

Os Mestres Cervexeiros de Damm xunto ca Unidade de Glute do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) foron pioneiros en desenrolar unha cervexa apta para celíacos con todo o sabor. Podemos definir Daura como o sabor de “a cervexa de sempre”, xa que se elabora co seu principal ingrediente: malta de cebada.

Lager, Rubia, 5,4% cont. Alc.

Daura Marzen (Sen gluten)

A primera dobre malta sen gluten

En 2014, Damm lanzó Daura Märzen: A primera dobre malta sen gluten. É unha cervexa diferente e especial que ten máis forza, máis corpo e máis sabor, pero a mesma garantía de calidade que Daura. De sabor intenso e contido alcohólico de 7.2% vol.

Märzenbier, Tostada, 7,2% cont. Alc.