A Vella Terra

Dirección: Rúa de Pizarro, 48, 36204
Vigo

Google Maps

Cervexas Artesás

Miña Terra Galega

Cervexa rubia de alta fermentación, elaborada a partir da receta das American Pale Ale que recolle a herdanza viaxeira dos galegos, cun pé na casa e outro ao redor do mundo. Feita con dous tipos de malta de cebada, os seús lúpulos aportan sabores cítricos e aromas florais que conducen a unha gran sensación de sabor e amargor propia.

Cando Costas provou a Curuxa, díxonos sen dubidar, “eu tamén quero unha”. O mellor cantante do mundo ben merece unha cervexa do seu nivel. Unha cervexa viaxeira, con personalidade, rocakrolera e artista. Un tributo ao nosos mellor cantante, un tributo a nosa terra, o mellor lugar do mundo.

Ingredientes: Aguga de Chan de Gándara, Malta Pils, Malta Viena. Lúpulos: Summit e Citra. Fermento. Color 9 (EBC); Amargor 27 IBUS, 5,5% cont. Alc.

Miño

Belgian IPA, 5,6º e 60 IBU. Indian Pale Ale de marcado carácter belga. Elaborada con maltas, levadura belga e lúpulos nobres da rexión de Hallertau. Cor pálida, aroma floral e herbáceo. En boca é de corpo medio, carbonatación suave, amargor suave e ben integrado.

Amargor 60 IBUS, 5,6% cont. Alc.

Mosteiro

Dark Strong Ale estilo belga de 7,8o combinación de seis maltas distintas e lúpulos nobres. Unha cervexa con corpo, escura e con aromas e sabores a froitos vermellos, chocolate e toffe.

Amargor 27 IBUS, 7,8% cont. Alc.

Pale Ale - Santo Cristo

Cervexa equilibrada e refrescante.
Destacan as notas florais e cítricas do lúpulo cun final seco que invita a seguir bebendo ata rematala.
De estilo American Pale Ale, con lúpulos Willamette e Simcoe.

Amargor 39 IBUS, 5,5% cont. Alc. Pale Ale

Con Castaña Asada - Santo Cristo

Cervexa complexa que destaca polo seu aroma e sabor intensos.
E unha cervexa maltosa, onde o lúpulo aporta o amargor necesario e a castaña asada asentase no padal deixando un regusto afumado.
Está elaborada cunha receita orixinal que non encaixa dentro dun estilo clásico.

Amargor 29 IBUS, 7,2% cont. Alc. Con castaña Asada

Palacio De Inverno - Santo Cristo

Cervexa de tempada, dispoñible habitualmente entre finais de novembro e febreiro
Nela pódense atopar notas a chocolate, regaliz, café e froitos vermellos, cun padal sedoso grazas á avea.
De estilo Russian Imperial Stout, con lúpulos Magnum e E.K. Goldings.

Amargor 75 IBUS, 9,0% cont. Alc. Russian Imperial Stout