Adega Menduiña

Os antigos poboadores da Nosa Terra xa bebían cervexa, mais coa chegada dos romanos introducíuse a cultura mediterránea do viño, deixando a cervexa como unha bebida pagá dos incivilizados.

Por mor disto nace MENDUIÑA co obxectivo de recuperar unha parte da nosa cultura anterga perdida e ao mesmo tempo satisfacer os padais máis esixentes cun produto san e diferente.

Aseguramos a mellor calidade en cervexas xenuinas de produción limitada. Elaboramos tanto Ales coma Largers, re interpretamos os estilos e deseñamos receitas propias, fusionando tradición e innovación e acadando un sabor único. A nosa cervexa é 100% natural, sen pasteurizar, sen aditivos, conservantes, extractos nin engadidos de arroz ou millo que desmerecen o produto.

Cervexas

Loira

Elaborada con maltes pilsner, centeo, algas galegas e lévedo de baixa fermentación.
Cor dourada brillante cunha suntuosa capa de escuma branca.
Perfil maltoso, de corpo medio e redonda na boca. Sutil amargor de lúpulos nobres e final seco.
Excelente para acompañar sushi, queixos suaves, encurtidos e carnes brancas.

Amargor 27 IBUS, 6,0% cont. Alc. Rye Ale

Barda

Cor cobre clara, burbulla pequena e carbonatación moderada.
Perfil aromático, padal afroitado e largo final amargo aportado pola carga extra de lúpulos seleccionados.
Doada de beber, equilibra afumados, carnes marinadas, de caza ou año, cogomelos e verduras grelladas.

Amargor 32 IBUS, 5,0% cont. Alc. Pale Ale

Duir

Seductora cor vermella con coroa de escuma branca.
Pleno sabor a maltes doces balanceado inmediatamente despois con lúpulos aromáticos. Final seco e torrado.
Marida con peixe azul, patés, embutidos e queixos afumados.

Amargor 40 IBUS, 5,8% cont. Alc. Extra Especial Bitter

Maria Soliña

Cervexa afumada de baixa fermentación, elaborada con nove maltes e inspirada nas receitas tradicionais de Baviera.

Dunha cor castaña intensa, coroa de escuma branca e fina. Os cereais seleccionados para esta receita apórtanlle un marcado perfil maltoso e afumado. De corpo medio e final seco cun punto de fume.

Marida con todo tipo de ingredientes á brasa, carnes ou verduras, especialmente aqueles condimentados ou aliñadps nun medio ácedo, como a mostaza ou vinagre. Patés, queixos e peixes afumados. Resulta excelente acompañante de empanadas doces, de mazás ou ameixas.

Amargor 25 IBUS, 7,0% cont. Alc. Smoked Brown Lager

Demo Neghro

Negra con reflexos caoba, coroada cunha escuma beige de duración media.
En nariz predominan os aromas a cacao amargo, café e mel.
Intensa, sabor a malte torrado cun punto afumado e licoroso. Destacada presenza de lúpulo que aporta un matiz herbal. Amargor medio - alto, final largo e seco.
Marida con chocolate amargo, froitos secos e sobremesas.

Amargor 75 IBUS, 6,5% cont. Alc. Extra Stout

Santa Compaña

Cervexa elaborada con sete tipos de maltes, tres lúpulos e mel. Madurada con madeira de carballo.
En nariz predominan aromas doces, mel, maltes torrefactos e madeira. A entrada en boca é afroitada, en padal robusta, licorosa, de baixa carbonatación, cun final longo e persistente.
Marida con queixos, froitos do bosque, sobremesas e carnes vermellas.

Amargor 85 IBUS, 9,5% cont. Alc. Barley Wine