Adega Santo Cristo

A historia de "Cervexas Santo Cristo" nace en Ourense no ano 2010, cando 4 amigos demos o salto de consumidores de cervexa a interesarnos no seu proceso de elaboración.

Despóis de investigar, estudar, ler libros, buscar información en Internet... comezamos coas nosas primeiras probas. Durante o proceso de aprendizaxe comezamos ó mesmo tempo o camiño para integrar un produto moi típico da nosa terra, a castaña, na cervexa. A viaxe continuou con altos e baixos durante 4 anos.

No verán de 2012 creamos a sociedade "Cervexas de Ourense S.L." e casi un ano despóis en xuño de 2013 alcanzamos nas nosas receitas a calidade que considerabamos axeitada, alugamos o local onde se sitúa a nosa fábrica e comezamos os trámites legais necesarios. Ó fin, en Marzo do 2014 saímos ó mercado coas nosas dúas variedades, Pale Ale e Con castaña asada.

Cervexas

Pale Ale

Cervexa equilibrada e refrescante.
Destacan as notas florais e cítricas do lúpulo cun final seco que invita a seguir bebendo ata rematala.
De estilo American Pale Ale, con lúpulos Willamette e Simcoe.

Amargor 39 IBUS, 5,5% cont. Alc. Pale Ale

American IPA

Santo Cristo American IPA e a nosa nova cervexa, e ven para quedarse!
É unha cervexa extremadamente bebible y marcadamente cítrica predominando o aroma e sabor a pomelo.
Maltas Pilsen e Vienna, lúpulos Chinook, Cascade, Columbus e Hallertau Blanc.

Amargor 70 IBUS, 6,2% cont. Alc. American IPA

Con Castaña Asada

Cervexa complexa que destaca polo seu aroma e sabor intensos.
E unha cervexa maltosa, onde o lúpulo aporta o amargor necesario e a castaña asada asentase no padal deixando un regusto afumado.
Está elaborada cunha receita orixinal que non encaixa dentro dun estilo clásico.

Amargor 29 IBUS, 7,2% cont. Alc. Con castaña Asada

Palacio De Inverno

Cervexa de tempada, dispoñible habitualmente entre finais de novembro e febreiro
Nela pódense atopar notas a chocolate, regaliz, café e froitos vermellos, cun padal sedoso grazas á avea.
De estilo Russian Imperial Stout, con lúpulos Magnum e E.K. Goldings.

Amargor 75 IBUS, 9,0% cont. Alc. Russian Imperial Stout

Costa Oeste

Cervexa de tempada, dispoñible habitualmente entre marzo e outubro.
Cervexa seca, lúpulada y resinosa, con aromas e sabores balsámicos, pináceos e cítricos.
De estilo American West Coast Double IPA, con lúpulos Columbus, Centennial, Warrior y Simcoe.

Apariencia: Cor laranxa moi oscura, aparece cuberta dunha cremosa escuma beige.

Aroma: Moi agradable que recorda a albaricoque e mango, con notas a cítricos que dan sensación de frescor.

Sabor: De amargor intenso nos primeiros tragos, dando paso a notas que recordan a pomelo e lima.

Amargor 150 IBUS, 9,0% cont. Alc.

Samil

Unha Session IPA de aspecto turbio con moita proteina e un aroma intenso e complexo no cal terminan destacando os cítricos e a froita tropical. Ten bo punch para unha cervexa do seu estilo, o seu amargor duradeiro así como as notas cítricas e algo especiadas a converten na compañeira ideal de peixes marinados.

Apariencia: Turbia e de cor dourada pálido, xenera unha capa de escuma amplia e xabonosa.

Aroma: Moi intenso que recorda entre outras cousas a: flores, especias e a confitura de melocotón.

Sabor: En primeiro lugar percibese un amargor intenso que dará paso a notas cítricas e especiadas.

Amargor 60 IBUS, 5,0% cont. Alc. Session IPA